Dende a Xunta de Galicia e a Asociación Amino Galicia queremos invitámosvos a participar no programa "POÑENDO OS LENTES ÁS FAMILIAS" dirixido os ANPAS dos centros educativos de Galicia.
Dende marzo ata decembro deste ano 2024 estará aberto o periodo de participación nestas xornadas formativas, nas que abordamos ferramentas de cómo previr e detectar os diversos tipos de violencia na infancia. Estas xornadas, que son gratuitas, constarán de unha sesións de 2 horas de formación online e adquiranse coñecementos básicos e ferramentas necesarias sobre diversos tipos de violencia, para a protección dos nosos nenos/as e cómo aboradalo dende eido familiar.
Os contidos tratados serán os seguintes:
1.LEGISLACIÓN: LOPIVI
2.VIOLENCIA CONTRA Á INFANCIA: Definición, clasificación, falsos mitos e datos.
3. TIPOS DE VIOLENCIA: Violencia física, violencia psicolóxica, neglixencia, violencia entre iguais, violencia en TRIC e violencia sexual
4. CÓMO DETECTAR. INDICADORES
5. ACTORES: Vítimas, persoas agresoras e testemuñas.
6. CÓMO ACTUAR
7. CÓMO PREVENIR: Ferramientas de prevención por tipos de violencia
8. CÓMO DENUNCIAR
A importancia deste programa radica na cantidade de nenos e nenas que o sofren, un de cada 3 nenos, nenas ou adolescentes sofre algún tipo ou varios de violencia infantil, e os danos tan terribles que causan no seu desenvolvemento. Logo entendemos, que esta información é de vital interese para a protección dos menos e nenas por parte das súas familias, sobre todo, para poder ofrecerlles os/as menores, desde os hogares as ferramentas pertinentes para previr ou pedir axuda fronte situacións de violencia, e no caso dos proxenitores/as, saber como xestionar e a quen acudir en caso de precisalo.
Ademais, conforme á nova Lei de protección integral á infancia e á adolescencia frente a violencia do 9 de xuño de 2020, no seu capitulo 3 fai referencia á impotancia de darlles a ferramentas posibles ás familias para poder exercer de reito responsable a sua tarefa como axente de protección: “…la ley refuerza los recursos de asistencia, asesoramiento y atención a las familias para evitar los factores de riesgo y aumentar los factores de prevención, lo que exige un análisis de riesgos en las familias, que permita definir los objetivos y las medidas a aplicar. Todos los progenitores requieren apoyos para desarrollar adecuadamente sus responsabilidades parentales, siendo una de sus implicaciones la necesidad de procurarse dichos apoyos para ejercer adecuadamente su rol. Por ello, antes que los apoyos con finalidad reparadora o terapéutica, deben prestarse aquellos que tengan una finalidad preventiva y de promoción del desarrollo de la familia.”
Por iso aqueles pais ou nais interesados en facer esta formación ,se poñan en comunicación con nós e escribir para anotala na formación feita pola entidade
Gracias de anteman